El domingo día 18 de Diciembre el gimnasio Vital Sport de Cambados, del cual formé parte, organizaron Jose Conde, director del centro, junto con Noelia Gómez Fabello una gran gala exhibición de taekwondo por un lado para recaudar fondos para investigar la AME y por otro para rendirme un homenaje ya que era el deporte que practicaba desde que era niña.
Involucrando a los mejores clubs y deportistas del taekwondo, mostrando no sólo el lado deportivo sino también solidario, al igual que la federación gallega de taekwondo se volcó en este acto.
El pabellón de Ribadumia se quedó pequeño para acoger esta gala.
Nos despedimos con una copia del comunicado que sacó la federación en su facebook y con unas fotos de lo allí vivido.
GRACIAS A TODOS LOS QUE HICIERON ESTE DÍA POSIBLE!!!!!!!!!!!!!
O domingo 18 tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia unha exhibición benéfica de Taekwondo a favor da Asociación GaliciAME, organizada polo Club Deportivo Vital Sport Cambados e o Concello de Ribadumia, e, en colaboración tamén co Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra.
Esta exhibición serviu para recadar fondos para a asociación, da que é presidenta Merchi Álvarez Fernández, a cal tamén está afectada pola enfermidade AME (Atrofia Muscular Espinal), recadándose un total de 1.100 euros, os cales nos próximos días seranlle entregados á presidenta da asociación.
Esta exhibición tiña unha relevancia especial, tanto para o Club Vital Sport Cambados, como para Merchi Álvarez, xa que esta practicou este deporte ata o ano 2014, en que empezou a sufrir algún síntoma desta enfermidade, a cal lle foi diagnosticada en xaneiro de 2015, chegando mesmo a proclamarse en xaneiro de 2013 subcampioa galega da modalidade de técnica.
Na exhibición colaboraron, tanto a Federación Galega de Taekwondo representada no acto polo presidente Juan Carlos Eiriz, como os clubs Mace Sport de Pontevedra, Olimpic de Vilagarcía de Arousa, Tao de Vigo, Yidam de Vigo e Han´s Horang-I de Betanzos, os cales acudiron á cita cun total de 55 deportistas, sumados aos 85 do Club Vital Sport, e na que se congregaron unhas 400 persoas como público, que puideron gozar dun evento dun nivel elevadísimo, posto que os clubs Yidam E Mace Sport viñan de proclamarse campións de España por clubs en Alacante a semana anterior, na categorías adultos e cadete, o Olimpic subcampión e o Tao, medalla de bronce.
Á finalización de todas as exhibicións tivo lugar un acto de homenaxe moi especial e emotivo, no que por parte da que foi a adestradora de Merchi Álvarez entregóuselle un Dobok (traxe de competición) da Selección Galega de Taekwondo, e finalmente, por parte do Presidente da Federación, fíxoselle entrega o Título Honorífico do Grao de Cinto Negro de Taekwondo 1er Dan, así como do correspondente diploma e un cinto bordado co seu nome.